|
Páxina das traducións do MSN Messenger para o galego (inclúe ata a versión 7.0 Final) Benvid@ á miña paxiniña informática
Dende aquí podes descargar calquera das traducións dispoñibles ata o de agora para o MSN Messenger (para as plataformas Windows 95/98, NT/2000 ou XP):
Traducións
7.0.0777 Final (Tentará instalarse na carpeta predeterminada do Messenger 7.x (C:\Archivos de programa\MSN Messenger). Se tes o Messenger instalado noutra carpeta (por exemplo, C:\Program Files\MSN Messenger), escribe a ruta correcta cando cha pida este ficheiro executable.)
Programa para eliminar os anuncios do Messenger
Instrucións
En primeiro lugar, debes descargar o programa de instalación en castelán dende a propia páxina do MSN Messenger e executalo (se aínda non o tes instalado no teu ordenador).
Unha vez instalado o Messenger, comproba e anota a versión que tes (para iso, olla no menú Ayuda > Acerca de MSN Messenger) e asegúrate de pechar ben o Messenger, antes de seguires adiante (de xeito que non se vexa a icona na barra de tarefas).
Finalmente, descarga e executa a tradución que necesites desta páxina (de acordo co número de versión do teu Messenger que xa anotaches).
Se tes algunha dúbida, comentario, suxestión ou mellora para futuras actualizacións, podes escribir a este enderezo de correo electrónico.
¡Bo proveito e deica a próxima versión!
![]()
© ramusoft - luns, 2 de maio de 2005